A localidade ribadense de Vilela celebrará o sábado 8 de febreiro a terceira edición das súas Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada con música. A continuación terá lugar a comida dun cocido completo con Porco Celta, o menú incluirá grelos, cabeza, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, pan, viño ou refresco, café, chupito e empanada de mazá.