O Concello de Barreiros celebra una nova edición dos seus mercadiños estacionais. Será na Praza do Concello e o horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde. Neste caso o Mercadiño na Primavera achegará produtos de calidade e proximidade; tamén haberá degustacións, de balde ata rematar existencias, de minihamburguesas de Porco Celta.