Os próximos 30 de abril e 1 de maio, Mondoñedo celebra unha nova edición de As Quendas. O día 1 haberá feira tradicional de gando e exposición de razas autóctonas, con Porco Celta das explotacións da zona, ademais dunha caseta con material publicitario e informativo. Os locais de hostalaría ofrecerán degustacións de produtos da raza Porco Celta.