Dende febreiro ata xuño, traémosche un plan ben saboroso! En colaboración con Galicia Calidade, sorteamos dous xantares ou ceas ao mes para dúas persoas en establecementos que apostan polos produtos derivados do Porco Celta e están asociados a Galicia Calidade. Séguenos nas nosas páxinas de Instagram e Facebook para non perder detalle do anuncio de cada un dos sorteos.
BASES DO SORTEO "XANTARES SABOROSOS" - ASOPORCEL E GALICIA CALIDADE
1. Organizador dos Sorteos: Os sorteos están organizado pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), en colaboración con Galicia Calidade.
2. Período de Participación:
Primeiro sorteo: do 21 de febreiro ao 9 se marzo. Anuncio dos gañadores: luns 10 de marzo.
Segundo sorteo: do 21 de marzo ao 6 de abril. Anuncio dos gañadores: luns 7 de abril.
Terceiro sorteo: do 25 de abril ao 11 de maio. Anuncio dos gañadores: luns 12 de maio.
Cuarto sorteo: do 30 de maio ao 15 de xuño. Anuncio dos gañadores: luns 16 de xuño.
3. Requisitos de Participación: Para participar, os usuarios deberán:
4. Premios: Por cada sorteo, haberá un gañador en cada rede social. O premio será un xantar ou cea para dúas persoas. Consistirá nunha degustación de elaboracións feitas con derivados do Porco Celta en calquera establecemento hosteleiro asociado a Galicia Calidade (https://www.galiciacalidade.gal/empresas-asociadas).
5. Selección dos Gañadores:
6. Condicións para os Gañadores:
7. Reserva de Dereitos: Asoporcel resérvase o dereito de modificar ou cancelar este sorteo en calquera momento, por causas alleas á organización ou de forza maior, ou se se detecta unha fraude ou manipulación no proceso de participación.
8. Limitacións: Este sorteo está aberto a todas as persoas maiores de idade residentes en España. Non poderá participar o persoal vinculado directamente á organización do sorteo nin os seus familiares directos.
9. Aceptación das Bases: A participación neste sorteo implica a aceptación total e incondicional das presentes bases. Así mesmo, os participantes autorizan a Asoporcel e Galicia Calidade a utilizar os seus nomes nas publicacións de gañadores e nas redes sociais relacionadas co sorteo.
10. Protección de Datos: Os datos persoais recollidos durante o sorteo serán tratados conforme á normativa de protección de datos vixente. Estes serán empregados exclusivamente para a realización do sorteo e a comunicación cos gañadores.