Sorteamos tres packs de cestas de Nadal que son... 100% Raza Autóctona Porco Celta!
02 de decembro de 2020
Queres unhas cestas de Nadal 100% Porco Celta como as que aparecen na imaxe? Este ano queremos que o Porco Celta chegue ao maior número de casas posible durante o Nadal. Por iso poñemos en marcha un pequeno certame no que os nenos, grazas aos seus debuxos, se poden facer cun dos tres packs que sacamos a concurso. Todos os premios inclúen unha completa selección de produtos de Porco Celta (xamón, chourizo, paté, fuet, roxóns, touciño, lomo…) e un set de materiais didácticos sobre a raza (caderno, crebacabezas, peluche de porquiño, lápices…). COMO PARTICIPAR
- Descarga unha (ou varias!) das nosas láminas do Cesarín de Nadal e dállela aos teus cativos para que a pinten (á man ou en dixital) como máis lles guste ou, se o prefiren, que debuxen eles mesmos o cochiño dende cero!
- Envíanos a proposta final antes do venres 18 de decembro ás 14:30 horas como mellor prefiras (mediante mensaxe directa ou deixando un comentario no noso Facebook, vía enderezo electrónico, etiquetándonos nunha publicación…), identificando o nome e a idade do autor ou autora e o nome e o teléfono do adulto responsable para poder contactar no caso de que o debuxo resultase gañador.
- Unha vez recibida a ilustración, subirémola a este álbum de fotos que creamos na nosa páxina de Facebook (non esquezas seguirnos para non perder detalle de como avanza o concurso!), dende onde todo o mundo poderá votar polas súas favoritas ata o luns 21 de decembro ás 18:00 horas. Os tres debuxos que máis interaccións sumen (‘Gústame’, ‘Encántame’, ‘Divírteme’…) serán os gañadores das cestas.
- O martes 22 de decembro anunciaremos o nome dos tres gañadores e poñerémonos en contacto con eles para poder facerlles chegar as cestas o antes posible.
PRAZOS
- A recepción de debuxos está aberta dende xa mesmo e ata o venres 18 de decembro ás 14:30 horas. Non se aceptarán debuxos que cheguen fóra da data e a hora establecidas.
- O prazo de votación vai dende hoxe mesmo e ata o luns 21 de decembro ás 18:00 horas.
- O gañador darase a coñecer ao longo da mañá do martes 22 de decembro.
ESPECIFICACIÓNS
- Cada neno (ata 11 anos) poderá elaborar un máximo de tres debuxos distintos para participar.
- Só contarán os votos que obteña a foto dentro do álbum, é dicir, que poderedes compartir a fotografía que subiremos ao noso Facebook para obter máis ‘Gústame’ entre os vosos amigos. Pola contra, non contabilizarán os votos que consiga a fotografía se é subida de xeito paralelo.
- Os gañadores terán un prazo de sete días para aceptar o premio. De non producirse resposta, a cesta será asignada ao seguinte debuxo con máis votos.
AS CESTAS Sorteamos tres packs valorados en 200 euros e compostos cada un deles por: produtos facilitados polos nosos operadores e materiais didácticos cos que estamos comezando a traballar nas escolas dende a asociación. Velaquí vos deixamos a relación de produtos que nos cederon os operadores para animarvos a participar...!
- Jamones González S.L.U.: xamón ecolóxico de Porco Celta.
- Cárnicas Teijeiro S.L.: xamón de Porco Celta.
- Comercial Macario S.A.: chourizo de Porco Celta.
- Atilano Anllo S.L.: fuet de Porco Celta.
- Embutidos Hermelino: chourizo de Porco Celta.
- Productos Cárnicos Domínguez S.L.: chourizo, roxóns, panceta e carne de cocido de Porco Celta.
- Coop. Galega Tres Fuciños: paté, lacón e cachola loncheada de Porco Celta.
- Casa Castelao S.L.: xamón e chourizo de Porco Celta.
- Embutidos Hervella: chourizo de Porco Celta.
- Embutidos Buenavista: cacholas de Porco Celta.
- Mario Rouco Rey (Celtico): touciño, chourizo e lomo de Porco Celta.