Como colofón final aos sorteos de Nadal que organizamos nestas últimas semanas en colaboración con Galicia Calidade, queremos facervos un último regalo: cea para 2 persoas nun establecemento asociado a Galicia Calidade.
COMO PARTICIPAR
Podedes comentar todas as veces que queirades, sempre etiquetando persoas diferentes (un comentario = unha participación).
Podedes participar na convocatoria de Instagram, na de Facebook ou nas dúas... como prefirades!
PERÍODO DE PARTICIPACIÓN
Poderedes participar do 30 de decembro ao 6 de xaneiro (ambos incluídos).
PREMIOS
Sortearase unha cea para dúas persoas en cada rede. En total, regalaremos 2 ceas.
COMUNICACIÓN DOS GAÑADORES
Os gañadores serán anunciados nas redes sociais de Porco Celta e Galicia Calidade e contactados mediante mensaxe privada.
Os premios non poderán ser substituídos por diñeiro en metálico.
Os gañadores terán unha marxe de 14 días para responder á mensaxe que enviarán os organizadores para facerlles chegar o premio.
CONDICIÓNS XERAIS
A participación implica a aceptación total destas bases.
O organizador resérvase o dereito de modificar as bases por motivos xustos, comunicándoos nas redes sociais.
Os datos persoais serán tratados segundo a normativa vixente en materia de protección de datos, exclusivamente para a xestión do sorteo.