Xa vos ensinamos como cociñar o Porco Celta… e agora dámosvos a posibilidade de degustalo!
12 de abril de 2021
Xa vos ensinamos como cociñar o Porco Celta… e agora dámosvos a posibilidade de degustalo!
Ofrecémosvos a oportunidade de gañar un xantar de balde para dúas persoas nun dos cinco restaurantes que colaboraron con nós ata o momento na nosa sección “Cociña con Nós”.
Cada mes, de abril a agosto, sortearemos entre os nosos seguidores (que comenten e compartan a publicación sinalada) unha comida nun dos locais na que poderán degustar os pratos que nos prepararon os seus cociñeiros nos vídeos.
GASTROSORTEO DE ASOPORCEL EN ABRIL: FOGAR DO SELMO (Rois, A Coruña)
GASTROSORTEO DE ASOPORCEL EN MAIO: RESTAURANTE CANTÁBRICO (A Fonsagrada, Lugo)
GASTROSORTEO DE ASOPORCEL EN XUÑO: RESTAURANTE RÍAS ALTAS (Barreiros, Lugo)
GASTROSORTEO DE ASOPORCEL EN XULLO: CASA GAZAPARA (O Carballiño, Ourense)
GASTROSORTEO DE ASOPORCEL EN AGOSTO: RESTURANTE SÁBREGO (Ribadavia, Ourense)
COMO PARTICIPAR NO SORTEO DE ABRIL - FACEBOOK
Para entrar no sorteo só tes que:
- Ser seguidor da nosa páxina de Facebook.
- Compartir o post do sorteo no teu perfil.
- Escribir nos comentarios do post do sorteo o nome da persoa coa que che gustaría ir a esa comida. Podes comentar todas as veces que queiras: cantas máis persoas menciones… máis posibilidades de gañar!
COMO PARTICIPAR NOS SORTEOS DE MAIO, XUÑO, XULLO E AGOSTO - INSTAGRAM
Para entrar no sorteo só tes que:
- Ser seguidor do noso Instagram.
- Darlle like ao post do sorteo e compartilo nos teus stories.
- Escribir nos comentarios do post do sorteo o nome da persoa coa que che gustaría ir a esa comida. Podes comentar todas as veces que queiras: cantas máis persoas menciones… máis posibilidades de gañar!
PRAZOS SORTEO ABRIL
- O prazo para participar vai dende o momento da publicación do post na nosa páxina de Facebook (o luns 12 de abril) ata o venres 30 de abril ás 14:00 horas.
- Durante a semana do 3 de maio faremos o sorteo e anunciaremos o nome do gañador ou gañadora.
PRAZOS SORTEO MAIO
- O prazo para participar vai dende o momento da publicación do post na nosa páxina de Facebook (o martes 18 de maio) ata o luns 31 de maio ás 14:00 horas.
- Durante a semana do 1 de xuño faremos o sorteo e anunciaremos o nome do gañador ou gañadora.
PRAZOS SORTEO XUÑO
- O prazo para participar vai dende o momento da publicación do post na nosa páxina de Facebook (o mércores 16 de xuño) ata o mércores 30 de xuño ás 14:00 horas.
- Durante a semana do 5 de xullo faremos o sorteo e anunciaremos o nome do gañador ou gañadora.
PRAZOS SORTEO XULLO
- O prazo para participar vai dende o momento da publicación do post na nosa páxina de Facebook (o martes 14 de xullo) ata o xoves 29 de xullo (todo o día).
- O venres 30 de xullo faremos o sorteo e anunciaremos o nome do gañador ou gañadora.
PRAZOS SORTEO AGOSTO
- O prazo para participar vai dende o momento da publicación do post na nosa páxina de Facebook (o luns 16 de agosto) ata o martes 31 de agosto (todo o día).
- Durante a semana do 1 de setembro anunciaremos o nome do gañador ou gañadora.
ESPECIFICACIÓNS
- Cada persoa só poderá gañar unha das comidas. No caso de que saíse aleatoriamente elixida en dúas ou máis comidas, procederíase á repetición do sorteo.
- Coa aceptación do premio, os premiados entenden que o prato ou pratos que inclúa o xantar non son [salvo excepcións xustificables] intercambiables por outra comida do menú do restaurante participante nin por ningún tipo de vale ou compensación.
- O premio é transferible. No caso de desexalo, o gañador ou a gañadora poderá regalarlle o xantar a outra persoa.
- Os premiados dispoñen dun prazo de dous meses dende o momento do fallo do sorteo para escoller unha data (de luns a domingo) na que organizar o xantar.
- No caso de renuncia ao premio, volveríase realizar o sorteo entre todos os participantes coa maior brevidade posible.
AS COMIDAS
Os gañadores poderán desfrutar dos pratos a base de Porco Celta que escolla cada un dos restaurantes participantes.
No Fogar do Selmo o xantar incluirá:
1º PRATO
Táboa de embutidos de Porco Celta
2º PRATO
Cocido de Porco Celta
__
Pan, bebida e postre
No Restaurante Cantábrico o xantar incluirá:
1º PRATO
Ensalada de unllas de Porco Celta con langostinos
2º PRATO
Solombo de Porco Celta con salsa de castañas
__
Pan, bebida e postre
No restaurante Rías Altas o xantar incluirá:
1º PRATO
Empanada de iscos de Porco Celta
2º PRATO
Cachopo recheo de Porco Celta
__
Pan, bebida e postre
Na Casa Gazapara o xantar incluirá:
APERITIVO
Torresmo de Porco Celta con puré de xema de ovo, cebola morada encurtida en Vinagre Albarro de Pemento de Padrón e tomatiño cereixa deshidratado
Maridado con Brinde Espumoso de Godello D.O. Valdeorras
ENTRANTE
Queixo do Cebreiro frito con confitura de Pemento de Arnoia e espuma de manteiga avelá
Maridado con Terras Mancas I.X.P. Val do Miño: Albariño, Treixadura e Loureira
PRINCIPAL
Lingote de Moufa de Porco Celta con puré de pataca e trufa, repolo asado, sementes e esferificación de Queixo de Arzúa
Maridado con Xan Ledo D.O. Ribeiro: Brancellao e Caíño Longo
__
Cremoso de Kéfir de Loureiro con castañas en almíbar, xenxibre e lima Maridado con Licor de Sabugueiro de Carabuñas
No restaurante Sábrego o xantar incluirá:
MENÚ EN 4 PASES
Carpaccio de presa de Porco Celta aliñado
Ravioli de costela de Porco Celta agridoce
Solombo de Porco Celta con crema de castaña e verduras de temporada
Mousse de cítricos acaramelada con picada de froitas e fiúncho