Xornada de divulgación "Xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo", que terá lugar o sábado 10 de maio na Ribeira de Piquín (Lugo). Forma parte do proxecto Life-Silfore, co obxectivo de promover a conservación e xestión sostible de sistemas agroforestais mediante o silvopastoreo. Pola maña celebraranse charlas divulgativas sobre a xestión agroforestal e pola tarde terá lugar a visita de campo.
Inscrición de balde no enlace https://apunta.xunta.gal/gl/form/xornada-Silfore, inclue comida e traslado para visita de campo; o prazo acaba o luns 5 de maio, prazas limitadas a 30 persoas.