O concello de Mos celebra as súas Xornadas Forestais e Micolóxicas do 4 ao 10 de novembro. Precisamente, o domingo día 10 terá lugar o VII Micomercado, onde un operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta ofrecerá os seus produtos a todos os asistentes.