Taboada celebrará os días 10 e 11 de febreiro a edición número 32 da Festa do Caldo de Ósos, contará co protagonismo do Porco Celta. Con exposición fotográfica "Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia", exhibición e mostra de animais vivos da raza Porco Celta. Degustación con cata e maridaxe O Porco Celta con denominación de orixe Ribeira Sacra e unha conversa sobre o Porco Celta en Galicia, un produto con historia.