O concello de Taboada celebrará a XXXIII edición da Festa do Caldo de Ósos, este ano será o día 1 e 2 de marzo. O domingo día 2 no recinto feiral da praza de Riazón haberá feira de razas autóctonas, con protagonismo para o Porco Celta, mercado de produtos locais e demostracións de artesanía.