A orixe do proxecto radica na necesidade de reducir os custos na producion do gando porcino a traves da utilizacion de recursos naturais e tradicionais e na importancia de ofrecer ao consumidor un produto de alta calidade sensorial que, ademais, sexa innovador tanto desde o punto de vista da saúde como da conveniencia.
O obxectivo principal do proxecto que se expón é o deseño dunhas instalación modulares, transportable e de funcionamento autónomo para o aproveitamento silvopastoral do monte en réxime semiestensivo que servan de modelo exportable a outros montes. como obxectivos específicos estarían:
A finalidade e demostrar que este tipo de animal é acto como método efectivo non mecánico de transformación da composición especifica (matogueira) a unha vexetación predominantemente herbácea, que ademais de supoñer a minimización do risco de incendio, permitirá un posterior aproveitamento con outro tipo de gando (cabalar, ovino, vacún) con preferencia pola vexetación herbácea, accesibilidade a masas que faciliten o aproveitamento micolóxico e incluso de aproveitamento de resina. Crianza en liberdade cun manexo adecuado, sostible e responsable.