Síguenos en:

ASOPQRCEL: Trazabilidade dixital certificada por blockchain na cadea produtiva do Porco Celta

La iniciativa culminará con la presentación de un sistema de trazabilidad certificado que permita garantizar al consumidor, no solo la calidad y autenticidad del producto, sino también la aportación de la información sobre el impacto medioambiental y el bienestar animal en su producción.

Se desarrollará durante los próximos tres años al amparo de las ayudas convocadas por la Agencia Gallega de Calidad Alimentaria (Agacal) en el año 2023 para la ejecución de proyectos innovadores de los grupos operativos de la Asociación Europea de la Innovación (AEI), cofinanciadas con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Plan Estratégico de la Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.

pagina/asopqrcel_presentacion_WQ66Tai.jpg

OBXECTIVOS

1. Conseguir que o produto final de Porco Celta chegue ao consumidor etiquetado cun código QR, certificado dixitalmente, para dotar o proceso de produción de total transparencia, claridade e confianza.

2. Definir o impacto medioambiental da produción mediante parámetros como a pegada de carbono ou a hídrica, de xeito que se lle acheguen ao consumidor final datos obxectivos sobre a sustentabilidade desta produción concreta.

3. Engadir maior valor ao produto, así como diferenciación respecto aos competidores e unha mellora no seu posicionamento no mercado.

4. Axudar, a través dos puntos anteriores, a retroalimentar iniciativas de recuperación e posta en valor de terras en desuso, así como promover o asentamento e inicio de actividade económica de xente nova nas zonas rurais máis desfavorecidas.


MEMBROS DO CONSORCIO

  • Sociedade Cooperativa Galega Tres Fuciños
  • Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) - Universidade de Santiago de Compostela 
  • Innogando
  • Fundación Terreo 
  • Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel)
  • Cóntase, así mesmo, co apoio da consultora Medrar, da empresa de comunicación Transmedia e dos especialistas en desenvolvemento de software Pyramis.