SISTEMA DE CRIA
Debido á súa rusticidade e as súas extremidades longas e musculadas, adaptadas para a marcha, é unha raza moi adecuada para a súa explotación en sistemas extensivos ao aire libre.
Vivimos nunha zona xeográfica con clima tépedo e elevada pluviometría, condicións que favorecen unha alta produción de sotobosque. E esta raza porcina constitúe un recurso inmellorable para o silvipastoreo.
O aproveitamento dese sotobosque para a cría destes porcos non só axuda a conservar o patrimonio xenético da raza senón que contribúe á loita contra os incendios forestais. Obxectivos que conflúen ademais na conservación da paisaxe galega e a fixación de poboación nas aldeas.