Síguenos en:
ASOPORCEL

A ASOCIACIÓN

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) nace o 19 de xaneiro de 1999, como unha entidade sen ánimo de lucro, encamiñada á recuperación e conservación da raza Porco Celta, co fin de darlle o lugar que lle corresponde como patrimonio xenético e cultural de Galicia, legándoo a xeracións futuras.

  • Modernización das explotacións

    Asesoramos ós nosos gandeiros para profesionalizar e aumentar as súas producións, a calidade dos seus produtos e a súa comercialización.

  • Investigación e colaboración

    Participamos e promovemos estudos que teñan por obxecto a raza Porco Celta e colaboramos con outras asociacións ou federacións afíns.

Máis info
LOGO 100%

COÑECES O LOGO 100% RAZA AUTÓCTONA PORCO CELTA?

O logotipo 100% Raza Autóctona é un selo oficial único, diferenciado e recoñecible, identificador dos produtos procedentes de animais de razas autóctonas españolas, que ofrece aos consumidores as garantías de orixe dos produtos que consumen. A raza Porco Celta foi a primeira raza autóctona porcina española admitida para o emprego deste logotipo que funciona como unha marca de calidade.

Máis info
100 % GALEGA

A RAZA

O Porco Celta era a raza porcina máis importante en Galicia ata comezos do pasado século XX, periodo a partir do que comezou a sufrir unha continua redución censal ocasionada pola importación de razas foráneas.

Grazas ás familias de zonas rurais de Galicia que seguiron criando porcos desta raza, debido á maior calidade e suculencia da súa carne e produtos derivados, puidéronse manter algúns exemplares illados en diferentes redutos da comunidade, que supuxeron os principais cimentos para a recuperación da raza a finais dos anos noventa.

Máis info