A iniciativa culminará coa presentación dun sistema de trazabilidade certificado que permita garantir ao consumidor, non só a calidade e autenticidade do produto, senón tamén a achega da información sobre o impacto medioambiental e o benestar animal na súa produción.
Desenvolverase durante os vindeiros tres anos ao abeiro das axudas convocadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) no ano 2023 para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.
OBXECTIVOS
1. Conseguir que o produto final de Porco Celta chegue ao consumidor etiquetado cun código QR, certificado dixitalmente, para dotar o proceso de produción de total transparencia, claridade e confianza.
2. Definir o impacto medioambiental da produción mediante parámetros como a pegada de carbono ou a hídrica, de xeito que se lle acheguen ao consumidor final datos obxectivos sobre a sustentabilidade desta produción concreta.
3. Engadir maior valor ao produto, así como diferenciación respecto aos competidores e unha mellora no seu posicionamento no mercado.
4. Axudar, a través dos puntos anteriores, a retroalimentar iniciativas de recuperación e posta en valor de terras en desuso, así como promover o asentamento e inicio de actividade económica de xente nova nas zonas rurais máis desfavorecidas.
MEMBROS DO CONSORCIO