Síguenos en:

Subvencións da Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo mantén un firme compromiso coa industria agropecuaria da provincia, o que inclúe á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel). A través das súas políticas de subvencións, a Deputación apoia a Asoporcel na súa misión de promover e desenvolver a produción de porco de calidade nesta zona.

Convenio da subvención directa excepcional outorgada pola Deputación Provincial de Lugo á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) para sufragar os gastos derivados da execución do proxecto "Programa de mellora e control do status sanitario nas explotacións de Porco Celta", nas anualidades 2018 e 2019.

Ver convenio

Convenio canalizador da subvención directa de carácter excepcional plurianual outorgada pola Deputación Provincial de Lugo á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), co obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución da actuación "Plan de fomento da produtividade, competitividade e rendibilidade nas granxas de Porco Celta" na anualidade 2020 e 2021.

Ver plan

Convenio canalizador da subvención directa excepcional outorgada pola Deputación Provincial de Lugo á entidade Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, co obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución da actuación “Proposta para garantir a trazabilidade na produción e comercialización da raza Porco Celta”, na anualidade 2020, (aprobado por resolución da presidencia de data 13 de novembro de 2020)

Ver propuesta

Convenio da subvención directa excepcional outorgada pola Deputación Provincial de Lugo á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) para sufragar os gastos derivados da execución do proxecto "Plan de certificación da calidade na carne de Porco Celta" anualidade 2022

Ver plan

Convenio da subvención directa excepcional outorgada pola Deputación Provincial de Lugo á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) co obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución do proxecto "Garantía de orixe dos produtos de Porco Celta" nas anualidades 2023 e 2024 (aprobado por acordo da Xunta de Goberno de data 26/05/2023)

Ver documento

Convenio da subvención directa excepcional outorgada pola Deputación Provincial de Lugo á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) co obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución da actuación "Sistema de soporte para exposición fotográfica itinerante", nas anualidades 2023 (aprobado por resolución de Presidencia de data 20/12/2023)

Ver documento