Síguenos en:

Sinerxías sustentables castiñeiro e porcino

  • Sinerxías sustentables do castiñeiro e o porcino autóctono do tronco celta para a súa conservación

O proxecto, cuxo obxectivo principal pretende mitigar o declive de razas porcinas autóctonas do tronco celta e do castiñeiro, está dirixido aos usuarios do territorio: gandeiros porcinos; propietarios de monte público, veciñal e privado; técnicos, xestores e administracións públicas; así como á comunidade científica e educativa.

Recobrar nas castiñeiras o pastoreo tradicional porcino con razas autóctonas do tronco celta, en fase de recuperación, razas non aptas para produción intensiva, pois non soportan o confinamento como os porcos brancos,  resulta unha actividade imprescindible para dotar dun valor engadido a estes bosques e que presenta un elevado interese en Asturias e Galicia. Esta actividade silvopastoral pode supor a recuperación de dous sectores que se atopaban en retroceso, pero debe de ser sustentable; é dicir, han de obterse resultados adecuados en calidade e cantidade porcina sen comprometer os recursos da castiñeira. Iso dependerá, ante todo, da produción de pasto e dos froitos, condicionados polo estado sanitario do monte, así como da carga gandeira. Por iso, a divulgación e formación relativa á cría e manexo do porco en extensivo e á xestión da castiñeira, ameazado e debilitado por pragas e enfermidades, todo iso unido á susceptibilidade ao cambio climático, resultan ferramentas imprescindibles para a conservación do seu hábitat e recuperación das razas porcinas autóctonas.

Ir á web do proxecto