Síguenos en:

Programa CULTIVA 2023

PROGRAMA DE ESTANCIAS FORMATIVAS DE JÓVENES AGRICULTORES Y EXPLOTACIONES MODELO

Está aberto ata o 24 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para o "Programa CULTIVA 2023. Programa de Estancias Formativas de Novos Agricultores e Explotacións Modelo". Este ano participan 10 das nosas ganderías asociadas. 

Trátase dunha iniciativa financiada e desenvolta polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación cuxo obxectivo é ofrecer a novos agricultores e gandeiros formación práctica en explotacións modelo de acollida a través de estancias formativas, onde teñan a oportunidade de adquirir e consolidar in situ coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que poidan aplicar no desenvolvemento da súa propia actividade agraria.

As estancias, de carácter gratuito para os participantes, son desenvolvidas en territorio nacional e por períodos de entre 5 e 14 días de duración e ofrecen aos mozos 7 horas de formación diaria sobre diferentes temáticas, como a planificación e xestión económica e financeira das explotacións ou o uso de tecnoloxías dixitais, entre outras.


Iniciativa financiada y desarrollada por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación

???? Verónica Molleda estivo do 29 de xaneiro ata o 2 de febreiro en #CasaCabo (Vegadeo), coñecendo de man do seu propietario, José Domingo López, a súa explotación en extensivo de razas autóctonas, así como a xestión que fai da base territorial en ecolóxico. A ?innovación neste sector e as ?características ambientais e climáticas que inflúen no mesmo foron dúas das claves nas que afondou nestes días ??????????????????????

Así mesmo, realizou unha visita técnica complementaria á aldea modelo de Moreda (O Courel), durante a cal se tratou a ?recuperación e o manexo da raza Porco Celta en extensivo e ?as figuras de recuperación da terra agraria de Galicia.