Síguenos en:

Aproveintamento silvopastoril

  • Aproveitamento silvopastoril con Porco Celta mediante un sistema modular, transportable e autónomo (Feader 2017/038A)

A  orixe  do proxecto  radica  na necesidade  de reducir os custos na producion  do gando  porcino  a traves  da utilizacion   de recursos naturais  e tradicionais  e  na importancia  de ofrecer ao consumidor un produto  de alta  calidade  sensorial que, ademais,   sexa innovador  tanto   desde o punto  de vista da saúde como da conveniencia.

O obxectivo   principal   do proxecto  que  se expón  é  o deseño dunhas  instalación   modulares,  transportable   e de funcionamento autónomo   para o aproveitamento   silvopastoral  do monte  en réxime semiestensivo que servan de modelo  exportable  a outros montes.  como obxectivos  específicos estarían:

  • Mellora da calidade nutricional,   sensorial e  comercial   da carne  e produtos cárnicos procedentes de porcos de raza celta mediante a posta a disposición dos animais de plantas con potencial antioxidante na dieta dos animais.
  • Avaliación e determinación   de tempos  de pastoreo   e  carga (ugm/ha)   idoneas,  para evitar perdas de solo por erosión, para o cal se fará un seguemento mediante   a avaliación   da transformación  da matogueira  (obtención  de datos cualitativos   e cuantitativos   do efecto do pastoreo).

A finalidade  e  demostrar que este tipo  de animal  é acto  como método  efectivo  non mecánico  de transformación   da composición  especifica (matogueira)   a unha  vexetación   predominantemente   herbácea,  que ademais  de supoñer a minimización   do risco de incendio,  permitirá  un posterior aproveitamento   con outro  tipo  de gando  (cabalar,  ovino,  vacún)  con preferencia pola vexetación  herbácea,  accesibilidade a masas que faciliten  o aproveitamento   micolóxico  e  incluso de aproveitamento   de resina. Crianza  en liberdade  cun manexo  adecuado,   sostible e  responsable.